Liñas de actuación. Arquivos

A Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais desenvolve a súa actividade mediante unha serie de liñas de actuación entre as que destacan:

  • Conservación e fomento do Patrimonio Documental Español:
    Investimento en edificios, seguridade, instalacións, restauración e axudas a institucións públicas e privadas sen ánimo de lucro.
  • Difusión nacional e internacional do patrimonio documental e dos Arquivos:
    Realización de proxectos como PARES (Portal de Arquivos Españois), o Censo-Guía de Arquivos de España e Iberoamérica ou a Guía de Fontes, que permiten o acceso libre e universal á información conservada nos Arquivos.
  • Formación e asistencia técnica:
    Organización de eventos profesionais e elaboración de plans de formación e reciclaxe, especialmente dirixidos á implantación das novas tecnoloxías arquivísticas, para mellorar os servizos prestados e superar as barreiras tradicionais no acceso aos Arquivos.
  • Cooperación arquivística nacional e internacional:
    Coordinación e participación en distintos foros profesionais.

© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido