Presentación da Axencia Española do ISBN

Dende o 23 de decembro de 2010, a Xestión da Axencia Española do ISBN pasou a ser asumida pola Federación de Gremios de Editores de España, mentres que a titularidade da Axencia segue sendo exercida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Deste xeito dáse cumprimento á Resolución do 15 de xullo de 2010 da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Cultura, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma de Cataluña e a Federación de Gremios de Editores de España, para o desenvolvemento en España do Sistema International Standard Book Number. (BOE do 3 de agosto de 2010).

As bases de datos de libros e editoriais mostran os libros publicados en España por editoriais españolas que utilizan o código ISBN como identificador.

Para utilizar o ISBN como identificador de produtos editoriais monográficos, póñase en contacto coa Axencia do ISBN:

Axencia Española do ISBN
Calle Santiago Rusiñol, 8 - planta 0
28040 Madrid
Correo electrónico: agencia@agenciaisbn.es
Teléfono: 902 105 389
Páxina web: http://agenciaisbn.es

© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido