Ud. está aquí:
  1. Inicio
  2. Cultura
  3. Áreas de Cultura
  4. Libro
  5. Información xeral
  6. Xestión no Ministerio

Xestión do Libro, a Lectura e as Letras na Secretaría de Estado de Cultura

A Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas ten como funcións principais:

  • O fomento e difusión internacional do libro e as letras españolas.
  • O réxime xurídico do libro e da lectura, de forma concorrente coas Comunidades Autónomas.
  • O fomento e difusión nacional do libro, a lectura e as letras españolas a través de subvencións de carácter estatal, campañas de fomento da lectura, participación en feiras e exposicións, premios nacionais, etc.
  • A titularidade da Axencia Española do ISBN, xestionada dende o 23 de decembro de 2010 pola Federación de Gremios de Editores de España, que aplica as directrices da Axencia Internacional do ISBN.

Promoción do libro español, en colaboración cos principais representantes do sector: Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), Federación de Asociacións Nacionais de Distribuidores de Edicións (FANDE), Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais (FADIP), Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL), Asociación de Revistas Culturais Españolas (ARCE), etc. Ademais, realízase un seguimento constante do mundo do libro mediante as bases de datos que mantén a Axencia Española do ISBN, e a través dos estudos e informes elaborados polo Centro de Documentación do Libro.

Fomento da lectura en todos os sectores da poboación, a través do Plan de Fomento da Lectura, cuxas liñas principais son as seguintes:

  • Crear hábitos de lectura dende a infancia.
  • Implicar os responsables de políticas culturais, sociais, educativas e de comunicación, a familia e a toda a sociedade.
  • Accións específicas para colectivos sociais desfavorecidos como a terceira idade, a poboación reclusa, os inmigrantes, discapacitados, etc.
  • A promoción dos autores españois, tanto no eido nacional como internacional.

Promoción das Letras Españolas, para dar a coñecer, estimular e recompensar a actividade dos nosos autores, así como para promover a súa tradución a outras linguas.

No caso de autores vivos, promóvese a súa participación en actividades literarias de todo tipo, tanto no eido nacional como internacional; no caso dos clásicos, foméntase o seu coñecemento e colabórase nos principais centenarios.

Ademais, mantéñense como estímulos á creación, Premios Nacionais e outros premios de gran prestixio no mundo literario, que abranguen case todos os xéneros, dende a literatura infantil e xuvenil ata a novela, a poesía, o ensaio ou a historia.

Estas funcións exércense a través de subvencións, premios e xestión directa de actividades, tales como exposicións e participación en feiras do libro.



© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido