Presentación da área do Libro, a Lectura e as Letras

Estas páxinas amosan as actividades, información e ferramentas xeradas pola Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas.

Ademais de información xeral sobre a Subdirección Xeral e as súas competencias, pódese acceder a contidos dirixidos a todo tipo de usuarios, profesionais ou afeccionados que estean interesados en:

  • Axencia Española do ISBN: Dende o 23 de decembro de 2010, o Ministerio mantén a titularidade da Axencia, pero a xestión pasa a ser exercida pola Federación de Gremios de Editores de España. Enlace á páxina da Axencia dentro da web da FGEE e acceso ás bases de datos en liña de libros e editoriais.
  • Plan de fomento da lectura información de actividades dirixidas a consolidar o hábito da lectura na poboación española.
  • Promoción e Difusión das Letras Españolas: descricións das accións dirixidas a difundir autores e obras literarias nacional e internacionalmente, tales como encontros, actividades literarias en España e o estranxeiro, celebración de centenarios, etc.
  • Centro de Documentación do Libro: estudos xerais e monográficos sobre a situación das editoriais e do libro en España, con estatísticas sobre produción editorial e ligazóns a outros estudos sobre o sector.
  • Premios: información acerca dos premios que convoca e concede cada ano o Ministerio. Base de Datos de Premiados polo Ministerio a través da Subdirección Xeral.
  • Feira do libro: información acerca da presenza institucional do Ministerio nas feiras nacionais e internacionais do libro. Acceso e ligazóns ás Feiras do libro do mundo e aos seus programas.
  • Actividades formativas: descricións de accións dirixidas a reparar as carencias en materia de lectura do alumnado inmigrante.
  • Exposicións virtuais: realizadas polo Ministerio sobre asuntos relacionados co libro, ilustracións e premios.

© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido