Dereitos da Propiedade Intelectual

Dereitos

Polo que respecta aos dereitos que conforman a propiedade intelectual distínguense os dereitos morais e os dereitos patrimoniais:

  • Dereitos morais:
    Fronte aos sistemas de corte anglosaxón, a lexislación española é claramente defensora dos dereitos morais, recoñecidos para os autores e para os artistas intérpretes ou executantes. Estes dereitos son irrenunciables e inalienables, acompañan o autor ou o artista intérprete ou executante durante toda a súa vida e os seus herdeiros ou causahabentes tralo falecemento daqueles. Entre eles destaca o dereito ao recoñecemento da condición de autor da obra ou do recoñecemento do nome do artista sobre as súas interpretacións ou execucións, e o de esixir o respecto á integridade da obra ou actuación e a non alteración das mesmas.
  • Dereitos de carácter patrimonial:
    Hai que distinguir entre:
    • Dereitos relacionados coa explotación da obra ou prestación protexida, que á súa vez se subdividen en dereitos exclusivos e en dereitos de remuneración:
      • Os dereitos exclusivos son aqueles que permiten ao seu titular autorizar ou prohibir os actos de explotación da súa obra ou prestación protexida polo usuario, e esixir deste unha retribución a cambio da autorización que lle conceda.
      • Os dereitos de remuneración, a diferenza dos dereitos exclusivos, non facultan o seu titular a autorizar ou prohibir os actos de explotación da súa obra ou prestación protexida polo usuario, aínda que si obrigan a este ao pagamento dunha cantidade diñeiraria polos actos de explotación que realice. Esta cantidade é determinada, ben pola lei ou no seu defecto polas tarifas xerais das entidades de xestión.
    • Dereitos compensatorios, como o dereito por copia privada que compensa os dereitos de propiedade intelectual deixados de percibir por razón das reproducións das obras ou prestacións protexidas para uso exclusivamente privado do copista.

© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido