Permisos para utilizar obras e prestacións protexidas

¿Necesito autorización para utilizar obras e prestacións divulgadas? Si. A utilización das obras ou prestacións require a autorización dos titulares dos dereitos. Non obstante, existen uns supostos limitados, previstos nos artigos 31 a 40 bis da lei, para os cales non cómpre solicitar a devandita autorización.

¿Necesito autorización para utilizar obras e prestacións difundidas en internet?Si. A difusión pública das obras e prestacións a través de internet non implica que o titular dos dereitos declinase o seu dereito a autorizar a explotación da súa obra ou prestación nin renunciado a obter unha remuneración.

¿E cando intercambio obras e prestacións protexidas a través de programas peer to peer (P2P), tamén necesito autorización? Os programas peer to peer suscitaron a dúbida sobre a súa posible legalidade ou ilegalidade. Sen entrar na polémica que puidese suscitar a súa natureza, si é necesario recoñecer que o seu funcionamento supón a execución dunha serie de actos que implican o uso de dereitos de explotación, que de non estar autorizados polos seus respectivos titulares, supoñen a infracción dos dereitos recoñecidos no Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual.
 

¿Como obteño autorización para utilizar obras e prestacións?Unha forma é poñerse en contacto cos titulares dos dereitos e solicitala. Para certas obras ou prestacións pode dirixirse ás Entidades de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual.
Ligazón a "Entidades de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual"

Documentos relacionados


Documentos Relacionados

© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido