A propiedade intelectual en xeral

¿Que é a propiedade intelectual?A propiedade intelectual está integrada por unha serie de dereitos de carácter persoal e/ou patrimonial que atribúen ao autor e a outros titulares a disposición e explotación das súas obras e prestacións.

¿Que lei regula a propiedade intelectual? O texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril.

¿Que protexe a propiedade intelectual?A propiedade intelectual protexe as creacións orixinais literarias, artísticas ou científicas expresadas en calquera medio, tales como libros, escritos, composicións musicais, obras dramáticas, coreografías, obras audiovisuais, esculturas, obras pictóricas, planos, maquetas, mapas, fotografías, programas de ordenador e bases de datos. Tamén protexe as interpretacións artísticas, os fonogramas, as gravacións audiovisuais e as emisións de radiodifusión.

¿Que se exclúe da protección da propiedade intelectual?Exclúense as ideas, os procedementos, métodos de operación ou conceptos matemáticos en si, aínda que non a expresión dos mesmos. Tamén se exclúen as disposicións legais ou regulamentarias, os seus correspondentes proxectos, as resolucións dos órganos xurisdicionais e os actos dos organismos públicos, así como as traducións dos devanditos textos.

¿Por que cómpre protexer a propiedade intelectual? Os dereitos de propiedade intelectual outorgan ademais do recoñecemento aos creadores, a retribución económica que lles corresponde pola realización das súas obras e prestacións. É tamén un incentivo á creación e ao investimento en obras e prestacións da que se beneficia a sociedade no seu conxunto.

¿Cando unha obra ou prestación está protexida?Protéxense dende o momento da súa creación, recibindo os titulares a plena protección da lei dende ese momento e sen que se esixa o cumprimento de ningún requisito formal.

¿Que son as medidas tecnolóxicas de protección?As medidas tecnolóxicas pódense definir como os instrumentos que están destinados a impedir ou restrinxir ao usuario de obras ou prestacións protexidas que non conte coa pertinente autorización, a reprodución, comunicación pública, etc. delas.
O que non poden impedir as medidas tecnolóxicas aos usuarios dos dereitos de explotación é gozar dalgúns dos límites impostos aos dereitos de explotación. Estes límites impostos por razóns de tipo social, cultural, de seguridade nacional, etc. permiten aos usuarios-beneficiarios que poidan utilizar en determinados casos os dereitos de reproducir, comunicar, distribuír, etc. sen requirir a pertinente autorización aos seus respectivos titulares.
Toda vez que a aplicación das medidas tecnolóxicas pode na práctica desvirtuar os límites impostos aos dereitos de explotación dos titulares de dereitos de propiedade intelectual, foi necesario establecer que estes últimos faciliten os medios para que os beneficiarios dos límites gocen dos mesmos. Cando os titulares non faciliten estes medios voluntariamente, os beneficiarios dos límites poderán acudir a órganos xurisdicionais co fin de facer efectivo o cumprimento desta obriga.

 

Documentos relacionados


© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido