O rexistro da propiedade intelectual

¿Cómpre rexistrar unha obra para protexela? Non. Ao protexerse a obra polo só feito da súa creación, a inscrición no Rexistro da Propiedade Intelectual é voluntaria. É conveniente, non obstante, indicar a reserva de dereitos e o símbolo ©, no caso dunha obra ou prestación ou, se se trata de fonogramas o símbolo ®.

As vantaxes que ofrece a inscrición en Rexistro son, ademais de proporcionar unha proba cualificada de que os dereitos inscritos existen e pertencen ao seu titular, agás que se demostre o contrario, a de dar publicidade aos dereitos inscritos.

¿Como podo rexistrar unha obra ou prestación?Débese presentar unha solicitude ante o Rexistro da Propiedade Intelectual e pagar unha taxa. O modelo de solicitude así como a documentación que hai que achegar en cada caso, facilítanse no Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual.
Ligazón ao "Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual"

¿Onde se rexistra? En calquera Rexistro Territorial ou nas súas Oficinas Delegadas, se as tivese, ou nas Oficinas Provinciais do Rexistro Central, a vontade e interese do autor. Os enderezos das oficinas do Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual poden consultarse en Enderezos de interese
Ligazón a "Enderezos de interese"

Documentos relacionados


© Ministerio de Cultura y Deporte

Logotipo W3C/WAI doble A (WCAG 1.0) Este documento es valido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS es valido

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido