Padroados de Arquivos Estatais

Padroádego do Arquivo da Coroa de Aragón

Órgano colexiado reitor deste Arquivo, creado por Real Decreto 1267/2006, do 8 de novembro (BOE do 9 de novembro), no que participan o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as Comunidades Autónomas de Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana e das Illas Baleares.

Funcións

  • Aprobar, a proposta da Comisión Permanente, o plan xeral de actuación anual.
  • Levar a cabo o seguimento do grao de cumprimento dos plans e programas, así como levar a efecto as actividades que se precisen de apoio institucional ao Arquivo da Coroa de Aragón.
  • Coñecer e informar dos plans e programas de adquisicións, preservación e conservación dos fondos documentais.
  • Informar da memoria anual de actividades que elabore o Director do Arquivo da Coroa de Aragón e do anteproxecto de orzamento que deberá presentar a Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais.
  • Fomentar e impulsar a participación da sociedade no enriquecemento, preservación, conservación e difusión dos fondos documentais do Arquivo da Coroa de Aragón, formulando as correspondentes propostas.
  • Fomentar a relación e intercambio de carácter técnico e histórico con outros arquivos de España e do estranxeiro.
  • Emitir preceptivamente informe sobre calquera proposta de saída permanente de fondos do arquivo.
  • Estudar fórmulas e, cando corresponda, xestionar a obtención de recursos extraordinarios de institucións públicas e privadas.
  • Informar sobre o nomeamento do Director do Arquivo da Coroa de Aragón.
  • Constituír comisións de estudo con fins determinados.

Padroado do Arquivo Xeral de Indias

Órgano colexiado que asesora na xestión do centro e no que participan o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Xunta de Andalucía, o Concello de Sevilla, o Consello Superior de Investigacións Científicas, universidades sevillanas e diferentes personalidades do mundo da cultura.

Funcións

  • Seguimento dos plans, proxectos e actividades precisas de apoio institucional ao Arquivo.
  • Control dos programas de adquisición, preservación e conservación dos documentos do Arquivo.
  • Fomento e impulso da participación cidadá no enriquecemento e a difusión dos fondos do Arquivo.

Padroado do Centro Documental da Memoria Histórica

Órgano reitor que aparece no Real Decreto 697/2007, do 1 de xuño, (BOE 15 de xuño) de creación do Centro Documental da Memoria Histórica.

Funcións

  • Coñecer e informar os plans e programas de actividades e adquisicións.
  • Informar da memoria anual de actividades que elabore o Director do Centro Documental da Memoria Histórica e do anteproxecto de orzamento que deberá presentar a Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais.
  • Fomentar e impulsar a participación da sociedade no enriquecemento, preservación, conservación e difusión dos fondos documentais do arquivo xeral do Centro Documental da Memoria Histórica, formulando as correspondentes propostas.
  • Emitir preceptivamente un informe sobre calquera proposta de saída de fondos do arquivo.
  • Estudar fórmulas e, cando corresponda, xestionar a obtención de recursos extraordinarios de institucións públicas e privadas.Velar por la integridad y el enriquecimiento de los fondos y de los medios del Centro Documental de la Memoria Histórica.
  • Velar pola integridade e o enriquecemento dos fondos e dos medios do Centro Documental da Memoria Histórica.Salto de línea

Documentos relacionados

Subir