Ud está aquí:
  1. Inicio
  2. Proxecto

Proxecto

Contido: Obras impresas (séculos XV-XX)Salto de línea Rexistros bibliográficos: 1.264.881 Salto de línea Rexistros de exemplar: 3.546.716Salto de línea Bibliotecas incluídas: 862Salto de línea Data de actualización: 06-10-2020

Este Catálogo ten como obxectivo a descrición e localización dos libros e outros fondos bibliográficos pertencentes a bibliotecas españolas, públicas ou privadas, que pola súa antigüidade, singularidade ou riqueza forman parte do Patrimonio Histórico Español.

O Catálogo realízase en cumprimento da Lei 16/1985 do patrimonio histórico español. É elaborado conxuntamente polo Ministerio de Cultura (Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas) e todas as Comunidades Autónomas.

A participación das Comunidades Autónomas faise por medio de convenios con este Ministerio. O ano inicial de sinatura dos convenios de colaboración para cada Comunidade Autónoma é o seguinte: Andalucía 1989, Aragón 1989, Asturias 1988, Baleares 1992, Canarias 1989, Cantabria 1997, Castela-A Mancha 1993, Castela e León 1989, Cataluña 1990, Comunidade Valenciana 1989, Estremadura 1997, Galicia 1989, A Rioxa 1997, Madrid 1990, Murcia 1989, Navarra 1996 e o País Vasco 1994.

O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico é un proxecto en fase de desenvolvemento e está en proceso continuo de ampliación e depuración.

Na actualidade, a maior parte dos rexistros describen distintas edicións de obras imprimidas entre os séculos XV e XX (ata 1958), así como os exemplares concretos das devanditas edicións existentes nas bibliotecas españolas. Empezáronse a incluír tamén outros materiais bibliográficos (manuscritos, música impresa...).

Os rexistros elaboráronse, na súa maioría, á vista dos exemplares. Outros elaboráronse con información obtida dos catálogos das bibliotecas ou da publicación: Catálogo xeral de incunables en bibliotecas españolas, Madrid, Dirección Xeral do Libro e Bibliotecas, 1989-1990.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar