Xornadas de Cooperación Bibliotecaria

Dende 1996 está en marcha un programa de cooperación bibliotecaria, promovido pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (SGCB), a partir das propostas formuladas polos representantes do Ministerio de Cultura e as Comunidades Autónomas.

Tras a constitución en 2008 do Consello de Coordinación Bibliotecaria todas as propostas que se canalizaban a través das Xornadas de Cooperación Bibliotecaria se trasladan a este Consello.

Xornadas anuais

Cada ano dende 1997 celébranse as Xornadas de Cooperación Bibliotecaria, nas que os representantes técnicos e administrativos en materia de bibliotecas das comunidades autónomas (Xefes de Servizo de Bibliotecas e directores de bibliotecas "rexionais" ou centrais) xunto a representantes da Biblioteca Nacional, de REBIUN e da SGCB, analizan as iniciativas emprendidas, acordan a finalización de proxectos e formulan novas accións de cooperación. A SXCB - secretaría permanente deste programa de cooperación- organiza cada ano esta reunión de xeito conxunto cunha Comunidade Autónoma.

Grupos de traballo vixentes

Nas diferentes edicións das Xornadas de Cooperación Bibliotecaria creáronse grupos de traballo formados por técnicos bibliotecarios de diferentes Comunidades Autónomas e do Ministerio de Cultura, que desenvolven os proxectos e iniciativas acordadas.

Grupos de traballo anteriores

Os grupos de traballo que dende 1997 funcionaron, unha vez finalizado o seu traballo ou ben os obxectivos marcados ata entón, pecháronse. Non se descarta, nalgúns casos, a súa apertura:

Subir