Introdución á xestión da Cooperación Cultural no Ministerio

As unidades encargadas da cooperación cultural son:

Subdirección Xeral de Cooperación Cultural Internacional. Asesora e participa en foros internacionais en asuntos culturais, organiza actividades de promoción da cultura española no exterior, ou da cultura doutros países en España, así como da formación no campo da cultura de profesionais estranxeiros.

Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas. Contribúe á difusión dos diversos patrimonios culturais en España, tanto a nivel das distintas Comunidades como internacionalmente, coordinando actuacións e promocionando actividades realizadas nos ámbitos autonómicos.

Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e de Fundacións e Mecenado. É responsable das políticas de promoción das industrias culturais, das políticas de acción e promoción cultural e da xestión das competencias do Ministerio respecto das fundacións.


Salto de línea
Subir