Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas

É unha unidade dependente da Secretaría Xeral Técnica que desenvolve as seguintes actividades:

  • Organizar, coordinar e difundir a nivel nacional e no estranxeiro proxectos culturais de interese para as Comunidades Autónomas.
  • Realizar o seguimento dos Convenios celebrados polo Ministerio coas diferentes Comunidades Autónomas.
  • Recompilación normativa en materia cultural publicada no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas.
  • Coordinar as tarefas do Consello Xacobeo en relación aos programas e actuacións relacionados co Camiño de Santiago e coa celebración dos anos Santos Xacobeos, así como as da Conferencia Sectorial de Cultura.
  • Xestionar o "Punto de Contacto Cultural de España", pertencente ao programa "Cultura 2000" da Comisión Europea, coordinando a acción das diferentes ligazóns nas Comunidades Autónomas coa Comisión Europea.
  • Organizar xornadas de estudo da lexislación de Propiedade Intelectual e Patrimonio Histórico Español dirixidas a Xuíces, Maxistrados e membros da Carreira Fiscal, en colaboración cos mesmos.

Salto de línea
Subir