Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e Mecenado

É unha unidade dependente da Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais que desenvolve as seguintes actividades:

  • Deseño das políticas de promoción das industrias culturais, así como o seu desenvolvemento, ou coordinación cando correspondan a competencias concretas do resto dos centros directivos ou organismos públicos do Departamento.
  • Deseño das políticas de acción e promoción cultural, así como o seu desenvolvemento, ou coordinación cando correspondan a competencias concretas do resto dos centros directivos ou organismos públicos do Departamento e colaboración con outras institucións, entidades e persoas públicas ou privadas para o desenvolvemento de programas de acción cultural conxuntos.
  • Impulso da participación da sociedade nos procesos de creación, dinamización cultural e obtención de recursos mediante programas de patrocinio, voluntariado e turismo cultural, en coordinación, neste último caso, cos órganos da Administración Xeral do Estado competentes en materia de promoción turística.
  • Establecemento e xestión, se for o caso, do réxime de subvencións e axudas que non sexan competencia específica doutro órgano directivo, de acordo cos obxectivos determinados nos programas do Ministerio.
Subir