Liñas de actuación. Cooperación Cultural

As principais liñas de actuación en cooperación cultural son:

  • Cooperación internacional: Salto de línea Coordinación, difusión e seguimento das actuacións e programas de cooperación que se desenvolven nos diversos organismos internacionais dos que España forma parte. A cooperación pode ser bilateral, multilateral ou institucional.
  • Promoción e difusión da cultura española: Salto de línea Realización de actividades e programas de apoio ao voluntariado e ao turismo culturais e colaboración con entidades sen ánimo de lucro e persoas, mediante axudas e subvencións, para o desenvolvemento de actividades culturais tanto nacionais como internacionais.
  • Formación de profesionais da cultura: Salto de línea Concesión de bolsas e axudas para actividades de perfeccionamento e especialización en materias da competencia do Ministerio.
  • Cooperación e comunicación coas Comunidades Autónomas: Salto de línea Impulso e coordinación dos órganos de comunicación cultural entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas, como a Conferencia Sectorial de Cultura e o Consello Xacobeo, e participación en proxectos culturais para fomentar a cooperación entre as distintas Comunidades Autónomas e potenciar a presenza do Ministerio en diversos puntos do territorio nacional.
  • Información e asesoramento: Salto de línea Mediante a participación no programa "Cultura 2000" da Comisión Europea.
Subir