Volver

Presentación da área de Cooperación Cultural

A área de Cooperación Cultural é en si mesma non só un conxunto de actividades, nas que existe un denominador común, o intercambio e a colaboración cultural, senón que ao tempo é un instrumento esencial para a política cultural e cada vez máis un obxectivo da mesma.

Destaca o seu carácter horizontal e de complementariedade respecto ás restantes áreas do Ministerio na difusión e promoción dos diversos patrimonios culturais de España a nivel internacional e autonómico, así como da cultura doutros países en España xunto co fomento do acceso á cultura e dinamización dos procesos de creación cultural .

Estas páxinas ofrecen información acerca da estrutura, procesos administrativos e actividades que realiza en relación con:

  • Intercambios culturais.
  • Participación en Organismos Internacionais
  • Acción cultural no exterior
  • Programas de formación.
  • Debate cultural.
  • Axenda Internacional.

Completan os contidos destas páxinas información sobre:

  • Consello Xacobeo
  • Punto de Contacto Cultural
  • Información Institucional
  • Lexislación estatal, autonómica, comunitaria e internacional
  • Convenios, con outros ministerios, con Comunidades Autónomas e con institucións internacionais
  • Bolsas, Axudas e Subvencións
  • Ligazóns de interese


Subir