Volver

Financiamento ás Industrias Culturais

Axudas para o custo dos avais para as industrias culturais

Subvencións dirixidas a sufragar o custo dos avais necesarios para a obtención de préstamos que permitan a posta en marcha de novos proxectos ou novas actividades culturais.

Finalidade

Sufragar parte do custo dos avais esixidos para a obtención dos préstamos necesarios para a posta en marcha de novos proxectos polas industrias culturais e creativas.

Beneficiarios

Axudas dirixidas a profesionais e empresas de nacionalidade española, de calquera estado membro da Unión Europea ou dos estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que, independentemente da súa forma xurídica, estean dados de alta no imposto de actividades económicas ou, no caso de estar exentos do pagamento do imposto de actividades económicas, presenten a correspondente declaración censual de alta, modificación e baixa no censo de empresarios, profesionais e retedores conforme ao establecido na Orde EHA/1274/2007 do 26 de abril, e se dediquen á produción, distribución e/ou comercialización de bens culturais nos seguintes ámbitos: artes escénicas, artes visuais, patrimonio cultural, cine, televisión, radio, videoxogos e artes interactivas, novos medios de comunicación, música, libros, prensa, arquitectura, deseño, deseño gráfico, deseño de moda e publicidade.

Procedemento

Estas axudas quedaron formalizadas en 2009 mediante a sinatura do convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e a entidade Audiovisual Aval, S.G.R., para a habilitación dunha liña destinada á cobertura das comisións de aval e comisións de estudo dos avais formalizados por pequenas e medianas empresas dedicadas ao sector cultural.

O interesado poderá informarse e presentar as súas solicitudes, sobre estas axudas, ante a propia entidade AUDIOVISUAL AVAL, S.G.R.

Contido

As axudas consistirán no financiamento do custo dos avais concedidos pola entidade AUDIOVISUAL AVAL, S. G.R.

Condicións económicas

As condicións económicas do Acordo de colaboración coa Sociedade de Garantía Recíproca quedan fixadas nos seguintes termos:

  • As operacións tramitaranse e formalizaranse segundo os procedementos establecidos con carácter xeneral por AUDIOVISUAL, S. G.R. para os seus socios, de acordo co disposto nos Estatutos Sociais. Para ser socio de AUDIOVISUAL, S. G.R. é necesario subscribir, polo menos, unha participación social por importe de 300 euros. Unha vez formalizada a operación, desembolsarase o 1% do importe avalado en concepto de participacións sociais. En calquera caso, o pagamento deste importe será reintegrado ao beneficiario unha vez que se cancele o aval.
  • Os avais que se van conceder terán carácter financeiro ou técnico.
  • Instrumentación: as operacións financeiras formalizaranse nas correspondentes escrituras ou pólizas de préstamo, leasing, crédito e afianzamento.
  • Tipo de xuro e comisións da entidade financeira: o tipo de xuro non será superior ao Euribor máis un diferencial do 3%. En caso de acollerse a liñas ICO, marcarase o tipo establecido en convenio. A comisión de apertura aplicada pola entidade financeira non será superior ao 2% do importe formalizado.
  • Custos de aval: a comisión de aval non poderá exceder o 1,5% sobre o risco vivo. A comisión de gasto de estudo non será superior ao 0,5% do importe formalizado.

Máis información

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar