Xestión das industrias culturais no Ministerio

Esta Dirección Xeral está integrada polas seguintes subdireccións:

  • A Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e Mecenado.
  • A Subdirección Xeral de Propiedade Intelectual.
  • A Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas.
  • A Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas.
  • A Subdirección Xeral de Promoción Exterior da Cultura.

A Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e de Mecenado é unha subdirección pioneira nas políticas culturais que se encarga de centralizar as medidas destinadas ao fomento das industrias culturais e creativas.

As súas funcións son as seguintes:

  • O deseño das políticas de promoción das industrias culturais, así como o seu desenvolvemento, ou coordinación cando correspondan a competencias concretas do resto dos seus centros directivos ou organismos públicos do departamento.
  • O deseño das políticas de acción e promoción cultural, así como o seu desenvolvemento, ou a coordinación, cando correspondan a competencias concretas do resto dos centros directivos ou organismos públicos do departamento. A colaboración con outras institucións, entidades e persoas públicas ou privadas para o desenvolvemento de programas de acción cultural conxuntos.
  • O impulso da participación da sociedade nos procesos de creación, dinamización cultural e obtención de recursos a través de programas de patrocinio, voluntariado e turismo cultural, en coordinación, neste último caso, cos órganos da Administración Xeral do Estado competentes en materia de promoción turística.
  • O establecemento e a xestión, se for o caso, do réxime de subvencións e axudas que non sexan competencia específica doutro órgano directivo, de acordo cos obxectivos determinados nos programas do Ministerio.
  • O impulso e a coordinación das actividades de mecenado relativas ao departamento.
Subir