Volver

Introdución á adquisición de bens culturais

Que bens se poden adquirir polo Estado e cales son os criterios para levar a cabo as adquisicións.

Criterios para a adquisición de bens

O fin da adquisición de bens culturais é cumprir o precepto constitucional do artigo 46 da Constitución Española que establece como obrigas do Estado:

  • A conservación e protección do patrimonio cultural.
  • O incremento do patrimonio cultural.

Nas decisións respecto dos bens que se adquiren, tense en conta dous criterios: o labor de recuperación e salvagarda do patrimonio.

Así mesmo, tómase en consideración a política de adquisición de cada museo, biblioteca ou arquivo, que se basea principalmente en dous eixes:

  • Cubrir o baleiro das coleccións, como foi o caso da compra de dous cadros de Braque para o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía a finais do 2004.
  • Manter o prestixio das coleccións de relevancia existentes como, por exemplo, a colección de cerámica grega do Museo Arqueolóxico Nacional, que se segue ampliando.

Categorías de bens que se adquiren

O Estado compra todo tipo de bens culturais:

  • Patrimonio documental.
  • Patrimonio etnográfico.
  • Patrimonio arqueolóxico.
  • Patrimonio científico-técnico.
  • Patrimonio histórico-artístico: cadros, esculturas, debuxos ou artes decorativas.
Subir