Volver

Impresos para a exportación de bens culturais

Os impresos de solicitude de exportación poden ser recollidos no Ministerio ou ser descargados directamente dende esta páxina web.

A solicitude deberá conter, entre outros, os seguintes datos:

  • Respecto do solicitante: título xurídico deste e compromiso de permitir o exame ou depósito do ben.
  • Respecto do ben: o código de identificación, se o tivese, e, no seu defecto, declaración acerca de se existe expediente iniciado para a inclusión no Inventario Xeral e lugar onde o ben se encontra.
  • Declaración do valor do ben, feita polo solicitante, agás que se trate de bens importados (nos termos previstos no art. 32 da Lei 16/1985).

Cando o ben non estea incluído no Inventario Xeral de Bens Mobles, unirase á solicitude, ademais:

  • Catro fotografías do obxecto en tamaño mínimo de 8 x 12 cm, reproducións no soporte adecuado á natureza do ben, tanto do conxunto como do detalle, se o obxecto o require para a súa identificación ou, se é o caso, do anverso e reverso.
  • Descrición técnica do obxecto especificando materia, procedemento e dimensións, así como época, escola ou autor, se se coñecese. Descrición bibliográfica.
  • No caso de obxectos de pedras ou metais preciosos, especificarase tamén o peso.
  • Cando se trate de "bens importados" (sinalados no art. 32 da Lei 16/1985), achegarase unha fotocopia da declaración presentada nos servizos aduaneiros.

A solicitude de exportación debe enviarse a:

Junta de Calificación, Valoración y Exportación de Bienes del Patrimonio Histórico EspañolSalto de línea Subdirección General de Protección del Patrimonio HistóricoSalto de línea Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales y de Archivos y BibliotecasSalto de línea Ministerio de Educación, Cultura y DeporteSalto de línea Plaza del Rey, 1. Planta 4.ªSalto de línea Tel.: 917 017 040Salto de línea Fax: 917 017 381Salto de línea

Subir