Volver

Presentación da área de Patrimonio Cultural

Estas páxinas amosan actividades, programas e instrumentos que utiliza o Ministerio para investigar, conservar e difundir o Patrimonio Histórico Español.

Describen as funcións dos organismos encargados responsables en materia de patrimonio no Ministerio: a Subdirección Xeral do Instituto do Patrimonio Cultural de España, a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico, a Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación de Bens do Patrimonio Histórico Español e o Consello do Patrimonio Histórico Español.

Desenvolven contidos sobre:

  • Bens protexidos en España. Tipos, definicións e niveis de protección para a súa declaración e acceso ás bases de datos de Bens Mobles e Bens Inmobles.
  • Conservación e restauración do Patrimonio Histórico. A conservación e restauración do Patrimonio Histórico, a investigación neste campo e o arquivo e difusión da documentación dispoñible acerca dese patrimonio corresponden á Subdirección Xeral do Instituto do Patrimonio Histórico Español.
  • Adquisición de bens culturais. As diferentes formas polas que o Estado compra ou acepta unha doazón ou legado, etc., co que se aumenta o Patrimonio Histórico Español.
  • Exportación e Importación. Normativa, tipos e procesos a seguir para a saída ou entrada ao país de bens que teñen algún tipo de protección.
  • 1% cultural. Normativa, definición, solicitudes (prazos e requisitos) e aplicacións dese financiamento xerado polas obras públicas.
  • Patrimonio Mundial. Definición, criterios de inclusión, organismos e normativa da Unesco. Ademais, permite o acceso á listaxe de bens de Patrimonio Mundial, á información de España como estado-parte e a un percorrido histórico e visual por bens españois que foron declarados.
  • Garantía do Estado. Definición, funcionamento, aplicacións, exclusións normativa e impresos de solicitude deste sistema polo que o Estado español asume o compromiso de asegurar bens que se cedan temporalmente para a súa exhibición.
  • Mecenado. Definición, normativa, e incentivos fiscais desta fórmula de participación social para a conservación e o enriquecemento do Patrimonio Histórico Español.

Ademais, ofrécese lexislación estatal, autonómica, comunitaria e internacional, convenios con outros ministerios, con Comunidades Autónomas, con Organizacións Internacionais ou con outras institucións, servizos ao cidadán, procedementos administrativos, bolsas, axudas e subvencións e publicacións do sector.

Subir