Liñas de actuación Promoción da Arte

A Subdirección Xeral de Promoción das Belas Artes desenvolve as súas actividades mediante unha serie de liñas de actuación entre as que destacan:

  • Difusión da cultura e do Patrimonio Cultural:
    Organización e desenvolvemento de exposicións temporais, xornadas, feiras, festivais; oferta de exposicións itinerantes para a súa difusión tanto a nivel nacional como internacional.
  • Promoción da creación artística:
    Concesión de axudas para a promoción da arte española e do Premio Velázquez e os Premios Nacionais de Artes Plásticas e Fotografía.
  • Formación en xestión de exposicións:
    Organización de talleres didácticos e cursos de formación en xestión e coordinación de exposicións orientados a profesionais do sector.
  • Colaboración con outras institucións públicas e privadas:
    Mediante o asesoramento técnico e a participación en exposicións, por medio da sinatura de convenios de colaboración.
  • Información ao cidadán:
    A través da base de datos de exposicións e da creación e coordinación da Guía de recursos da fotografía artística en España.
Subir