Volver

Introdución

O Ministerio é responsable de desempeñar as competencias en materia de propiedade intelectual a través da Subdirección Xeral de Propiedade Intelectual, unidade dependente da Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro na que se integra o Rexistro da Propiedade Intelectual.

A Propiedade Intelectual é o conxunto de dereitos que corresponden aos autores e a outros titulares (artistas, produtores, organismos de radiodifusión...) respecto das obras e prestacións froito da súa creación.

Ao Ministerio correspóndelle propoñer as medidas para lograr a adecuada protección da Propiedade Intelectual.

No Ministerio existe tamén un órgano colexiado de ámbito nacional, a Comisión Mediadora e Arbitral da Propiedade Intelectual, que exerce as funcións de mediación e arbitraxe que lle atribúe o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual.

Subir