Mecanismos de protección da propiedade intelectual

Por outra banda, a lexislación española ofrece unha serie de mecanismos de protección dos dereitos de propiedade intelectual, existindo a posibilidade de acudir a accións administrativas, accións civís e accións penais. En concreto, a Lei de Propiedade Intelectual ofrece no seu Libro III, Título I, accións e procedementos que non só poden propoñerse nos supostos de infracción dos dereitos exclusivos de explotación, senón que tamén amparan e comprenden os dereitos morais, e aqueles actos de descoñecemento dos dereitos de remuneración; do mesmo modo, ofrécese a protección tanto se os citados dereitos corresponden ao autor, a un terceiro adquirente dos mesmos, ou aos titulares dos dereitos conexos ou afíns.

Tamén dentro do Libro III se regula, no seu Título II, o Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual. No Título III do mesmo Libro regúlanse os símbolos ou indicacións da reserva de dereitos, e no Titulo IV, as Entidades de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual.

Contidos Relacionados

Subir