O rexistro da propiedade intelectual

¿Cómpre rexistrar unha obra para protexela? Non. Ao protexerse a obra polo só feito da súa creación, a inscrición no Rexistro da Propiedade Intelectual é voluntaria. É conveniente, non obstante, indicar a reserva de dereitos e o símbolo ©, no caso dunha obra ou prestación ou, se se trata de fonogramas o símbolo ®.Salto de líneaSalto de líneaAs vantaxes que ofrece a inscrición en Rexistro son, ademais de proporcionar unha proba cualificada de que os dereitos inscritos existen e pertencen ao seu titular, agás que se demostre o contrario, a de dar publicidade aos dereitos inscritos.

¿Como podo rexistrar unha obra ou prestación?Débese presentar unha solicitude ante o Rexistro da Propiedade Intelectual e pagar unha taxa. O modelo de solicitude así como a documentación que hai que achegar en cada caso, facilítanse no Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual.Salto de líneaLigazón ao "Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual"

¿Onde se rexistra? En calquera Rexistro Territorial ou nas súas Oficinas Delegadas, se as tivese, ou nas Oficinas Provinciais do Rexistro Central, a vontade e interese do autor. Os enderezos das oficinas do Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual poden consultarse en Enderezos de intereseSalto de líneaLigazón a "Enderezos de interese"

Documentos relacionados

Salto de línea
Subir