Columna derecha
Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Anos Santos Xacobeos
  3. Ano Santo Xacobeo 1999

Ano Santo Xacobeo 1999

Santiago de Compostela, Pórtico da Gloria ©Archivo Xacobeo, Xunta de Galicia.

Os programas que se realizaron ao redor do Camiño de Santiago e a preparación do Ano Santo Xacobeo 1999 foron múltiples e diversos, pero perseguían un obxectivo común: contribuír á conservación e mellora das sendas e do seu patrimonio histórico, así como á súa difusión cultural e turística, nacional e internacional, con especial atención á debida asistencia ao peregrino. Cómpre salientar que coa celebración deste ano santo deuse a circunstancia excepcional de ser o último do milenio.

Ante a previsible magnitude deste acontecemento, o Consello Xacobeo reorganizouse por Real decreto 1095/1997, do 4 de xullo, para aumentar a súa eficacia e operatividade.

Ademais, mediante a Disposición adicional décima da Lei 67/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, estableceuse un réxime especial de beneficios fiscais para promover as iniciativas do sector privado para a celebración tanto do Ano Santo de 1999, como da capitalidade europea da cultura de Santiago de Compostela para o ano 2000.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar