Columna derecha
Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Anos Santos Xacobeos
  3. Ano Santo Xacobeo 2010

Ano Santo Xacobeo 2010

Logo do Ano Santo Xacobeo 2010

O Ano Santo Xacobeo 2010 foi moi significativo porque supuxo a fin dun ciclo especialmente relevante, polo gran número de peregrinos que realizaron o Camiño de Santiago.

O Consello Xacobeo celebrou este acontecemento por primeira vez cun programa conxunto de actividades culturais ao longo do Camiño de Santiago. As administracións estatal e autonómicas sumaron os seus esforzos en beneficio deste ben cultural común. A cooperación e o traballo realizados dende o ano 2006 culminaron en 2010 cun programa moi completo, como mostra a Memoria conxunta de actividades do Ano Santo de 2010.

Ademais, foi considerado, como en ocasións anteriores, acontecemento de excepcional interese público para os efectos da aplicación de beneficios fiscais. Deste xeito, fomentouse a participación do sector privado na celebración, o que motivou unha maior divulgación do acontecemento.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar