Columna derecha

Actividades

En 2010 desenvolveuse un ambicioso programa de actividades entre as comunidades autónomas do Consello Xacobeo e a Administración Xeral do Estado, cuxo propósito foi celebrar o Ano Santo ao máis alto nivel.

O programa de promoción do Ano Santo Xacobeo 2010 incluíu todo tipo de actuacións con vistas á súa promoción nacional e internacional.

O programa cultural conxunto consistiu en máis de 175 actividades en 150 municipios do Camiño. Os proxectos, que se detallan na Memoria de actividades, foron organizados pola que daquela era a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais coa colaboración de todas as comunidades autónomas do Consello Xacobeo:

  • Os contacontos e a publicación UN CAMINO QUE CUENTA (UN CAMIÑO QUE CONTA).
  • A exposición ARS ITINERIS: EL VIAJE EN EL ARTE CONTEMPORÁNEO (A VIAXE NA ARTE CONTEMPORÁNEA).
  • As instalacións NUBES DE LA MEMORIA (NUBES DA MEMORIA) de Eugenio Ampudia e AL FINAL DEL AMANECER (AO FINAL DO AMENCER) de José Freixanes.
  • O ciclo de teatro no marco de HUELLA DE LA BARRACA (PEGADA DA BARRACA).
  • O ciclo de concertos de música clásica.
  • O ciclo de poesía CRUCE DE CAMINOS (CRUZAMENTO DE CAMIÑOS)

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar