Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Camiño de Santiago
  3. Camiño Catalano-Aragonés

O Camiño Catalano-Aragonés

Cataluña, Camiño Catalano-Aragonés,  mosteiro de Sant Pere de Rodes. ©Imagen MAS

O Camiño Catalano-Aragonés xorde para canalizar o tránsito cara a Santiago de Compostela dos peregrinos que proviñan do Languedoc (sueste de Francia) e de Italia, que preferiron entrar á península a través de Sant Pere de Rodes e La Jonquera.

Estes peregrinos non sempre escollían a ruta máis sinxela e curta. En moitas ocasións, elixían rutas máis longas para visitar mosteiros de renome e venerar as imaxes ou reliquias que estes albergaban. En Xirona, algúns peregrinos visitaban a tumba de San Narciso e en Barcelona moitos ían rezar á tumba de Santa Eulalia. A fama que adquiriron os mosteiros de Sant Pere de Rodes, Poblet e Sant Cugat foi decisiva á hora de configurar este itinerario.

O abade Cesáreo foi un dos primeiros peregrinos dos que se ten noticia que viaxou a Santiago partindo dende o mosteiro de Santa Cecilia en Montserrat, no ano 959. A partir desta data hai rexistros e testamentos de numerosos peregrinos nos arquivos de Sant Pere de Roda, Vic, Sant Cugat e Lleida (que chegou a ter sete hospitais), que demostran que constituíron unha ruta alternativa do Camiño. Unha vez en Lleida, os peregrinos marchaban cara a Fraga, Zaragoza e Logroño, onde se unían ao Camiño Francés, atravesando o territorio aragonés que nesa época estaba baixo dominio musulmán.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar