Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Camiño de Santiago
  3. Camiño Francés

O Camiño Francés

Catedral de Santa María, León ©Ministerio de Educación Cultura y Deporte / Juan F. Morillo

O Camiño Francés, alén de ser o itinerario máis coñecido e transitado de todos, foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1993.

O Camiño Francés non se constitúe definitivamente ata o século XI con Sancho o Maior de Navarra. Á viaxe marcada polas reliquias e corpos de santos superponse a imaxinación épica: o Apóstolo Santiago aparéceselle en soños a Carlomagno, explícalle o sentido da vía láctea como chave para encontrar o seu sepulcro e convídao a liberalo para rescatar a España do dominio islámico. O camiño reiteraba así o itinerario de apertura da xesta que se lle atribuíu a Carlomagno e a Roldán, que viría lexitimar a realidade contemporánea: a presenza de colonos e burgueses francos, e baróns aquitanos e borgoñóns para a Reconquista. Do resultado de tales mistificacións resultou o Camiño Francés.

No transcurso do século XI, a afluencia de peregrinos intensificouse e comezou o labor organizativo dos reis para facilitar o seu tránsito. A Bula Regis Aeterni, concedida polo papa Alexandre III, no só confirmaba os privilexios concedidos canda a obtención da indulxencia plenaria, senón que axudou a que o Camiño Francés se configurase como ruta principal cara a Santiago de Compostela.

Este camiño foi concibido como un espazo de culto que integrou tamén un espazo cultural, unha arte propia do Camiño de Santiago. Ademais, transformouse nun eixe comercial importante e unha vía de difusión do coñecemento: todo canto se dixese, predicase, contase, esculpise ou pintase no camiño chegaba a moita máis xente e lugares.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar