Percorrido do Camiño Francés

Mapa recorrido Camino Francés

O Camiño Francés ten a súa entrada á península por dous ramais que conflúen en Puente la Reina: un por Navarra, dende Roncesvalles en dirección Pamplona para proseguir a continuación por Puente la Reina e outro por Aragón, que parte de Somport (Huesca), atravesa enclaves oscenses, como Jaca ou San Juan de la Peña, e diríxese cara ao mosteiro de Leyre e Sangüesa en dirección tamén a Puente la Reina. Unha vez alí, os dous camiños únense e diríxense ao sueste cara a Estella, dirección Viana, xusto antes de entraren en terras da Rioxa. O camiño continúa por Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Nájera, Burgos, León e Astorga, atravesando a Comunidade Autónoma de Castela e León, e fai a súa entrada en Galicia por Pedrafita do Cebreiro ata chegar a Santiago de Compostela.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar