Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Camiño de Santiago
  3. Camiño Primitivo

O Camiño Primitivo

Asturias, Camiño Primitivo, Catedral de Oviedo. ©Dirección General de Patrimonio Cultural del Principado de Asturias

O Camiño Primitivo, declarado Patrimonio Mundial en xullo de 2015, está na orixe do Camiño de Santiago, polo que é a primeira ruta de peregrinación documentada e coñecida. O primeiro itinerario nace a comezos do século IX, cando Afonso II (791-842) “O Casto” marcha dende Oviedo, daquela, corte do Reino, cara ao "Campus Stellae" para visitar unha tumba acabada de descubrir do Apóstolo Santiago. Trázase un camiño que aproveita as antigas vías de comunicación de época romana, polo que os peregrinos transitaban para visitar os restos do Santo, non sen riscos, xa que a península estaba ocupada en gran parte polos musulmáns.

Coa construción da catedral de San Salvador, Afonso II quixo dar a coñecer ao mundo as marabillas contidas na Arca Santa, reliquias da paixón e morte de Cristo, da Virxe María, de santos e de mártires. Deste xeito, dota o primeiro itinerario de peregrinación dun segundo lugar sagrado e lexitima a capital política do seu reino, Oviedo.

Aínda que nun primeiro momento Oviedo rivaliza con Santiago, posteriormente configúrase como etapa alternativa do camiño. Este percorrido tamén era utilizado polos peregrinos que viñan polo Camiño Francés, que dende León se dirixían cara a Oviedo para visitar as reliquias da súa catedral, “Quen vai a Santiago e non visita o Salvador, vai á casa do criado e non visita o seu señor”, dise xa dende a Idade Media.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar