Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Consello Xacobeo

Consello Xacobeo

O Consello Xacobeo é o órgano de cooperación que ten por finalidade facilitar a comunicación entre a Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas do Camiño de Santiago (País Vasco, Cataluña, Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Navarra e Castela e León). A Administración Xeral do Estado está representada polos departamentos con competencias en cultura, educación, cooperación internacional, turismo, cooperación territorial, economía e facenda, fomento e medio ambiente.

A necesaria colaboración entre as administracións competentes no Camiño de Santiago para garantir a súa protección e conservación realízase a través deste órgano, que considera o Camiño como un ben en continua evolución onde conflúen o patrimonio histórico, a paisaxe cultural e o patrimonio natural.

Na súa última reorganización, mediante o Real decreto 1431/2009, do 11 de setembro , o Consello Xacobeo organízase en Pleno, Comisión Executiva e Comité de Cooperación na xestión do ben Patrimonio Mundial. Este Comité créase co fin de intensificar as funcións do Consello como órgano de cooperación no que se refire á xestión do Camiño de Santiago inscrito na Lista de Patrimonio Mundial.

Ademais, no marco do Consello Xacobeo prepárase a celebración dende o punto de vista cultural dos Anos Santos Xacobeos e propóñense actuacións de promoción e difusión do Camiño de Santiago en xeral. Neste sentido, cómpre salientar o recoñecemento ao seu labor de pulo e mellora do Camiño de Santiago dende o punto de vista paisaxístico, cultural e turístico, pola Guild of European Business Travel Agents, que lle outorgou o Premio GEBTA en 2010.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar