O Consello Xacobeo conta actualmente con cinco grupos de traballo para a aplicación do Plan 2015-2021, que ten como obxectivo intensificar, durante os anos anteriores á celebración do próximo Ano Santo Xacobeo en 2021, a cooperación cultural entre as Administracións estatais e autonómicas responsables, na medida das súas respectivas competencias, para a conservación e promoción do Camiño de Santiago.