Columna derecha
Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Ligazóns de interese

Ligazóns de interese do Consello Xacobeo

A continuación, preséntase unha relación de enderezos de interese que achegan información variada e útil para a peregrinación.

Páxinas sobre o patrimonio cultural do Camiño:

  • Centro de Estudos e Documentación do Camiño de Santiago

Páxina da Biblioteca Xacobea do Camiño de Santiago onde se recolle unha bibliografía moi ampla de todos os aspectos relacionados co Camiño.

Biblioteca Xacobea

  • Patrimonio Mundial da UNESCO

Espazo da páxina oficial da UNESCO no que se fornece información sobre o recoñecemento do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial. Non está dispoñible en español. Versións en inglés e francés.

Unesco

  • Itinerarios culturais europeos

Páxina do Ministerio con información sobre a iniciativa dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa.

Itinerarios culturais europeos. M. Educación, Cultura e Deporte

  • O Camiño de Santiago. Instituto Cervantes

Páxina sobre o Camiño Francés con información sobre o seu patrimonio histórico-artístico e imaxes dos monumentos máis importantes.

Centro Virtual Cervantes

  • Os Camiños de Santiago do Norte de España

Páxina con información sobre o patrimonio cultural e a candidatura á declaración como Patrimonio Mundial do Camiño Primitivo, do Camiño da Costa, do Camiño do Interior e do Camiño Lebaniego.

Camiño de Santiago do Norte

  • O Camiño de Santiago no portal "España es cultura" (España é cultura)

Páxinas sobre o Camiño de Santiago con información sobre o seu patrimonio histórico-artístico e imaxes dos monumentos máis importantes:

O Camiño da Costa

O Camiño Francés

O Camiño Lebaniego

  • Portal Oficial de Turismo de España

Páxina sobre o Camiño de Santiago do Portal Oficial de Turismo de España.

Portal Oficial de Turismo de España

  • Xubileu Lebaniego

Páxina web do Goberno de Cantabria con información sobre o Camiño Lebaniego e o Camiño do Norte elaborada con motivo do Ano Xubilar 2017.

Xubileu Lebaniego

  • O Museo das Peregrinacións e de Santiago

Páxina da Xunta de Galicia con información sobre o Museo das Peregrinacións e de Santiago, dedicada á peregrinación xacobea á cidade de Santiago de Compostela.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

  • El camino de las estrellas (O camiño das Estrelas)

Programa de Radio 5 de RNE, presentado e dirixido por Txema Berruete Cilveti, que percorre as 31 etapas do Camiño Francés.

El camino de las estrellas (O camiño das Estrelas)

Páxina con información práctica para facer o Camiño:

Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Describe as etapas dos diferentes camiños, con planos do Centro Xeográfico do Exército, unha relación de albergues e consellos útiles para peregrinos. Facilita unha listaxe das asociacións xacobeas españolas e estranxeiras.

Federación Española de Asociacións e Amigos do Camiño de Santiago

Páxinas sobre a credencial e outras acreditacións:

  • Peregrinos a Santiago. Arcebispado de Santiago de Compostela

Páxina de orientación relixiosa con información sobre a credencial, o xubileu, as dioceses do camiño e outras consideracións e consellos para o peregrino. Inclúe unha relación de material publicado e audiovisual para realizar a peregrinación. Versións en inglés, italiano, francés e alemán.

Oficina de Acollida ao Peregrino

  • Acreditación Xacobea Universitaria

Páxina que informa sobre como conseguir a Acreditación Xacobea Universitaria, unha iniciativa de ALUMNI-Universidade de Navarra xunto coas universidades españolas situadas no Camiño Francés. Contén ligazóns con universidades nacionais e internacionais onde obter a acreditación. Tamén dispoñible en inglés.

Campus Stellae

Cerrar
Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar