Columna derecha
Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Recursos
  3. Recursos técnicos

Recursos técnicos do Consello Xacobeo

Directrices para la señalización del Camino de Santiago Pulse para ampliar

Nesta páxina recóllense diferentes iniciativas impulsadas polo Consello Xacobeo ou polas administracións que o compoñen en relación con programas de promoción, protección e conservación do Camiño de Santiago.

Facilítase a ligazón á páxina web do Instituto Xeográfico Nacional na que se ofrecen interesantes produtos cartográficos do Camiño de Santiago compatibles con dispositivos GPS e con información temática de utilidade para os peregrinos.

Así mesmo, pódese consultar o Manual do sistema de sinalización turística homologada nas estradas estatais (SISTHO), froito do traballo do Ministerio de Fomento e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Directrices para la señalización del Camino de Santiago Pulse para ampliar

Directrices para a sinalización do Camiño de Santiago

O Consello Xacobeo acordou, na súa reunión plenaria do 9 de abril de 2018, unhas novas Directrices sobre sinalización no Camiño de SantiagoPDF, que actualizan o documento de recomendacións aprobado polo Consello Xacobeo en 2010.

A sinalización do Camiño de Santiago é unha das principais preocupacións do Consello Xacobeo, como demostran as numerosas reunións mantidas dende a súa creación para tratar este asunto. A aprobación das novas directrices nace coa vontade de clarificar e axudar ás Administracións responsables da sinalización do Camiño de Santiago.

Ademais, o Consello Xacobeo elaborou, en colaboración coa Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, un cartel que, dun xeito moi visual, recolle o esencial das novas directrices para axudar aos peregrinos a recoñecer a sinalización oficial.

O cartel, realizado pola ilustradora Cinta Arribas, está dispoñible de balde en castelán, inglés e francés nos seguintes formatos:

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar