Ud está aquí:
  1. Inicio

Aviso legal

www.culturaydeporte.gob.es es un dominio en internet de la titularidad del Ministerio de Cultura y Deporte (CIF S-2800239-B). Plaza del Rey 1, Madrid 28004. Tel: 917 017 000.

Condicións xerais de uso do portal

O Ministerio de Cultura e Deporte infórmalle de que o acceso e uso da páxina web www.culturaydeporte.gob.es (en diante, "o portal") e todos os subdominios e directorios incluídos baixo esta, así como os servizos ou contidos que a través dela se poidan obter, están suxeitos aos termos que se detallan neste Aviso Legal, sen prexuízo de que o acceso a algún dos devanditos servizos ou contidos puideran precisar da aceptación dunhas Condicións Xerais adicionais.

Por iso, se as consideracións detalladas neste Aviso Legal non son da súa conformidade, pregamos non faga uso do portal, xa que calquera uso que faga deste ou dos servizos e contidos nel incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto. As condicións e termos que se recollen no presente Aviso poden variar, polo que o invitamos a que revise estes termos cando visite de novo o portal.

O Ministerio de Cultura e Deporte resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación aos usuarios, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do portal, así como a realizar cambios co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do portal ou do seu deseño. Os contidos e servizos que ofrece o portal actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no portal.

A información obtida a través do portal, así como das respostas ás cuestións expresadas nos seus formularios de contacto, cumpre unha función de información xeral e atención ao cidadán nos termos establecidos no artigo 4 do Real Decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servizos de información administrativa e atención ao cidadán, polo que en ningún caso poderá derivarse efecto xurídico vinculante ningún.

1. Dereitos de propiedade intelectual e de propiedade industrial

Tanto o deseño do portal e os seus códigos fonte, coma os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen neste, pertencen ao Ministerio de Cultura e Deporte ou entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Igualmente están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial as imaxes e outros elementos gráficos contidos no servidor do Ministerio de Cultura e Deporte.

Autorízase a reprodución total ou parcial dos textos proporcionados polo portal, sempre que se manteña a súa integridade e que se cite expresamente o Ministerio de Cultura e Deporte como fonte da información. Para o resto de contidos a licenza de uso limítase á descarga, por parte do usuario, do devandito contido e o uso privado deste, sempre que os citados contidos permanezan íntegros, quedando o seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, totalmente prohibidos salvo que medie expresa autorización do Ministerio de Cultura e Deporte.

O Ministerio de Cultura e Deporte declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este portal puidese estar a violar os seus dereitos, pregamos que se poña en contacto co Ministerio de Cultura e Deporte.

2. Privacidade

De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello (Regulamento Xeral de Protección de datos, en diante RGPD) e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, o Ministerio de Cultura e Deporte comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. O Ministerio de Cultura e Deporte estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos facilitados polos usuarios.

Por parte do cidadán, a visita ao portal institucional do Ministerio de Cultura e Deporte efectúase de forma anónima. Os cidadáns soamente deberán proporcionar os datos persoais imprescindibles para poder acceder a aqueles servizos da web que dispoñan de xestión ou trámite específico para a prestación do servizo solicitado (p. ex., trámites en sede electrónica, formularios de contacto, etc.).

Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Ministerio de Cultura e Deporte e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo RGPD sobre protección de datos persoais e demais disposicións de aplicación. Todas as actividades de tratamento se encontran recollidas no rexistro de actividades de tratamento do Ministerio de Cultura e Deporte PDF, segundo o artigo 30 do RGPD e na información detallada PDF de cada unha delas que se recolle no portal.

A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas ou o cumprimento dunha obriga legal, ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público, ou a protección de intereses vitais, ou a execución dun contrato, segundo establece o RGPD no seu artigo 6.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais. Non obstante, nas que proceda será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, logo de consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación, ou no caso de suposto legal.

As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Ministerio poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, cando proceda, na forma prevista no RGPD ante a unidade responsable do ficheiro, a través do formulario da sede electrónica ou mediante unha solicitude dirixida á Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán, Documentación e Publicacións, Plaza del Rey, 1, 28004 Madrid (España). Contacto do delegado de protección de datos, DPD: dpd@cultura.gob.es e-mail

No caso de que o Ministerio de Cultura e Deporte non atenda a súa petición os cidadáns tamén poderán acudir á Axencia Española de Protección de Datos Nueva ventana

3. Lei aplicable e xurisdición

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española. Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao portal ou o uso dos seus servizos, o Ministerio de Cultura e Deporte e o usuario ou a usuaria acordan someterse aos xuíces e tribunais de domicilio do usuario ou usuaria, sempre que estea situado en territorio español.

4. Ligazóns ou hiperligazóns

O Ministerio de Cultura e Deporte facilítalle o acceso a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese. O obxectivo das devanditas ligazóns é unicamente proporcionarlle a busca dos recursos que lle poidan interesar a través de Internet. Non obstante, as devanditas páxinas non lle pertencen, nin fai unha revisión dos seus contidos e, por iso, non pode facerse responsable destes, do funcionamento da páxina enlazada ou dos posibles danos que poidan derivarse do acceso ou uso desta. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da ligazón.

Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a do Ministerio de Cultura e Deporte deberán ter en conta o seguinte:

  • O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o Ministerio de Cultura e Deporte e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do Ministerio de Cultura e Deporte dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que o Ministerio de Cultura e Deporte autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece a hiperligazón.
  • O Ministerio de Cultura e Deporte non se responsabiliza en modo ningún nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.
  • A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao Ministerio de Cultura e Deporte, agás aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.
  • A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos que sexan ilícitos, discriminatorios, contrarias aos principios éticos comunmente aceptados ou atenten contra a orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereitos de terceiros.

5. Frames

O Ministerio de Cultura e Deporte prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos do seu portal.

6. Estatísticas de uso

O Ministerio de Cultura e Deporte informa da utilización da ferramenta Google Analytics neste portal para efectos exclusivamente estatísticos.

Este portal utiliza cookies que almacenan e recuperan información cando navega. En xeral, estas tecnoloxías poden servir para finalidades moi diversas, como, por exemplo, recoñecelo como visitante do portal, obter información sobre os seus hábitos de navegación, ou personalizar a forma en que se mostra o contido. O Ministerio segue as indicacións da Axencia Española de Protección de Datos Nueva ventana para o uso das cookies e en ningún caso se identifica o usuario do portal.

Que tipos de cookies se utilizan nesta páxina web?

  • De análise: son aquelas que nos permiten cuantificar o número de visitantes ao portal e así realizar a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios dos servizos. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar os servizos que lle ofrecemos.
  • De sesión: permiten a navegación a través da nosa páxina web mantendo as opcións elixidas por vostede, por exemplo, o idioma de navegación. Bórranse cando se pecha o navegador.

O consentimento prestado ao uso das cookies ten unha validez dun ano, pero se quere cambiar as súas preferencias pode facelo dende o seu navegador. En cada aplicación a operativa é diferente, pero a función de “Axuda” do seu navegador mostraralle como facelo.

Se o seu navegador non ten JavaScript activado, vostede non poderá xestionar as cookies e non dispoñerá de todas a funcionalidades do portal optimizadas (carruseis, seguimento, etc.).

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar