Nestas páxinas ofrécese:
- información xeral e básica dos servizos, fondos documentais e actividades de cada un dos Arquivos xestionados polo Ministerio, acompañada de vídeos, visitas e exposicións virtuais;
- recursos dirixidos a profesionais dos arquivos e doutras disciplinas afíns, a investigadores especializados, estudantes ou cidadáns: recursos arquivísticos e publicacións en Internet, lexislación e normativa arquivística, antecedentes administrativos ou xurídicos, ligazóns a outros arquivos e outros recursos informativos.
Tamén se difunden programas de axudas e de cooperación internacional desenvolvidos polo Ministerio de Cultura en materia de arquivos.
Ademais, pódense consultar en rede diferentes bases de datos:
referidas a redes de Arquivos:
- Portal de Arquivos Españois (PARES)
- Censo-Guía de Arquivos de España e Iberoamérica
- Guías de Fontes Documentais
- Lexislación Histórica de España
- Catálogo de Bibliotecas de Arquivos
específicas dalgún centro:
- Militares e Membros das Forzas da Orde Pública ao servizo da República
- Mortos e Desaparecidos do Exército de Terra Republicano.