Ud está aquí:
  1. Inicio

Accesibilidad

Declaración de accesibilidade

O Ministerio de Cultura e Deporte comprometeuse a facer accesible os seus sitios web de conformidade co Real decreto 1112/2018 BOE, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicación para dispositivos móbiles do sector público.Salto de línea Esta declaración de accesibilidade aplícase aos seguintes sitios web:

Salto de línea Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018 BOE, debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Salto de línea Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  • Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018
    • Nos portais poderían existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetado correctamente o cambio de idioma.
    • Nalgúns contidos podería detectarse certa falta de contraste.
    • Nalgunhas páxinas poderían identificarse problemas na xeración do HTML (por exemplo, listas incorrectamente formadas, táboas que non cumpren por completo a normativa de accesibilidade, textos de ligazóns demasiado longos e iframes sen a información necesaria)
  • Carga desproporcionada
    • Non aplica
  • Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Poderían existir documentos en PDF ou outros formatos ofimáticos e contidos multimedia que non cumpran na súa totalidade os requisitos de accesibilidade esixidos.

Preparación desta declaración de accesibilidade

Esta declaración de accesibilidade foi preparada o 23 de decembro de 2020.Salto de línea O método empregado para esta declaración foi unha autoavaliación realizada polo propio Ministerio baseada nos informes xerados polo Observatorio de Accesibilidade.Salto de línea Última revisión da declaración: 23 de decembro de 2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

Pode facelo a través das seguintes vías:

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola División de Tecnoloxías da Información do Ministerio de Cultura e Deporte.Salto de línea Solicitudes de información accesible e queixas: de acordo co artigo 12 do Real decreto 1112/2018, serán presentadas e rexistradas conforme os requisitos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Pode iniciarse a través do formulario de Queixas e suxestións do Ministerio.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do Real decreto 1112/2018 pode iniciarse a través desta ligazón.

Contido opcional

Estes sitios web:

  • Deseñáronse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación coa accesibilidade, cumprindo cos puntos de verificación de prioridade 2 (AA) definidos na especificación de pautas de accesibilidade ao contido na Web (WCAG 2.1).
  • Cumpren cos requisitos da norma UNE-EN 301549 v1.1.2:2015 PDF e teñen en consideración as excepcións do Real decreto 1112/2018.
  • Están deseñados para a súa correcta visualización en dispositivos de escritorio, tabletas e móbiles para unha resolución mínima de 1280 x 1024.
  • Están implementados utilizando HTML5 como linguaxe de marcaxe e follas de estilo CSS 3 para o seu deseño. Verificouse a accesibilidade mediante a ferramenta de validación do código HTML Nueva ventana e o resultado desta análise foi positivo.
  • Están deseñados para usárense con JavaScript non intrusivo e ofrecen, no caso de que o seu navegador non o soporte, a súa correspondente alternativa non JavaScript.
  • No caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non soporte follas de estilo, a marcaxe estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, visualizaranse as páxinas sen ningún tipo de formato visual.Salto de línea

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar