Servizos ao Cidadán Bibliotecas
Dirección de contacto
O Estado ten competencia exclusiva sobre as bibliotecas de titularidade estatal, sen prexuízo da súa xestión por parte das Comunidades Autónomas (artigo 149.1.28 da Constitución).
Ademais, o Estado, sen prexuízo das competencias das Comunidades Autónomas, considerará o servizo da cultura como deber e atribución esencial e facilitará a comunicación cultural entre as Comunidades Autónomas, de acordo con elas (artigo 149.2 da Constitución).
En consecuencia, a xestión do Ministerio esténdese a dous ámbitos: as bibliotecas de titularidade estatal e o Sistema Español de Bibliotecas e a cooperación bibliotecaria.
A Lei de patrimonio histórico español prevé a existencia do Sistema Español de Bibliotecas.
O Regulamento de bibliotecas públicas do Estado e do Sistema Español de Bibliotecas quedou derrogado, en todo o relativo a este último, pola Lei da lectura, do libro e das bibliotecas e polo Real decreto 1573/2007, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Consello de Cooperación Bibliotecaria.
A Lei da lectura, do libro e das bibliotecas define o Sistema Español de Bibliotecas, do cal é elemento esencial a cooperación bibliotecaria.
O Regulamento do Consello de Cooperación Bibliotecaria regula a composición, funcións, organización e funcionamento deste órgano a través do cal se canaliza a cooperación bibliotecaria entre administracións públicas.
Na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, no seu título VII, regúlase o réxime xurídico da creación destas bibliotecas, dos seus edificios e coleccións, do acceso a estas e da súa comunicación e coordinación.
O Real decreto 582/1989, do 19 de maio, polo que se aproba o Regulamento de bibliotecas públicas do Estado e do Sistema Español de Bibliotecas, desenvolve o previsto na Lei de Patrimonio Histórico no relativo ás bibliotecas públicas do Estado, que son unha parte das de titularidade estatal.
A Lei 10/2007, do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas prevé, entre outras cuestións, a normalización e coordinación da actuación das bibliotecas de titularidade da Administración Xeral do Estado e dos seus organismos públicos, que son unha parte, das de titularidade estatal xa que outros poderes do Estado e órganos constitucionais son, igualmente, titulares de bibliotecas.
O Real decreto 1572/2007, do 30 de novembro, polo que se regulan os órganos de coordinación das bibliotecas da Administración Xeral do Estado e dos seus organismos públicos desenvolve a Lei da lectura, do libro e das bibliotecas neste punto. As ordes ministeriais de constitución das comisións ministeriais de coordinación de bibliotecas de cada departamento son, á súa vez, desenvolvemento deste Real decreto.
Salto de línea