Servizos ao cidadán Cooperación Cultural e Promoción Exterior
En colaboración coa FELGT.
Visible é un Festival Internacional de cultura LGTB que se celebra na Comunidade de Madrid entre o 6 de xuño e o 25 de xullo. É unha iniciativa cultural interdisciplinar e aberta, pensada como unha forma de establecer un diálogo cultural entre este colectivo e a sociedade da que forma parte. O Festival desenvolve actividades de danza, teatro, artes plásticas e cine así como actividades de debate social como cursos, mesas redondas e conferencias.
A Exposición "Mirones y mirados" está comisariada por David Trullo e conta con obras de Pablo Pérez-Mínguez, Miguel Trillo e Roberto González Fernández, entre outros. O soporte teórico que sustenta este proxecto é a necesaria normalización dun colectivo secularmente marxinado, que aínda necesita moito tempo para lograr a plena igualdade.
Salto de líneaData e sede: Xuño-xullo 2006 no Círculo de Belas Artes de Madrid.
Orzamento: 6.000 euros. Financiamento do deseño gráfico da exposición.
Salto de línea