Presentación das Feiras do Libro

A presenza institucional do Ministerio nas feiras internacionais do libro ten como finalidade a promoción e difusión do libro español no exterior, mediante a exhibición dunha selección das principais novidades editoriais, e mediante o servizo de información bibliográfica da Axencia Española ISBN.

Esta presenza realízase ben cun pavillón oficial do Ministerio, xestionado pola Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, ben en colaboración coas Embaixadas de España e/ou os Institutos Cervantes que atenden o pavillón e ao público visitante.

Deste xeito, contribúese a fomentar a presenza da cultura española noutros países, tanto da área hispana como doutras zonas lingüísticas, onde o interese polo español está aumentando considerablemente.

Neste programa colabórase ademais de coas institucións citadas, coa Axencia Española de Cooperación Internacional, o Instituto Español de Comercio Exterior e a Federación de Gremios de Editores de España.

A Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras Españolas participa no 2006 en 29 feiras do libro, das cales 22 se celebran no estranxeiro.

España, País invitado de honor

Nestas feiras téntase que a presenza española sexa unha mostra da realidade cultural de España, sempre tendo como punto focal o libro e os que interveñen na súa creación, transmisión e difusión.

Adóitanse facer mesas redondas e conferencias sobre creación literaria, humanidades, pensamento científico e técnico, historia, literatura infantil e xuvenil, etc.

Estas actividades compleméntanse con exposicións, ciclos de cine, obras de teatro, concertos, espectáculos de danza a cargo de primeiras figuras, e, no caso das Feiras de Libro Infantil, pasacalles e contacontos. Nos centenarios de autores españois, téntase que haxa sempre algunha actividade conmemorativa, como no caso do IV centenario da publicación de "O Quixote", ou o do nacemento de Francisco Ayala.

Cóidase a imaxe do Pavillón de España, procurando que sexa amplo e que o seu deseño sexa estético e atractivo. Nel sempre está presente o Servizo de Información Bibliográfica da Axencia Española do ISBN, proporcionando ao visitante información de calidade sobre calquera aspecto relacionado co libro español. Xeralmente, compártese o espazo coa Federación de Gremios de Editores de España.


Salto de línea

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar