Volver

Cooperación internacional. Libro, Lectura e Letras

A proxección internacional da Subdirección Xeral constitúe un dos aspectos máis destacados das súas actuacións, tanto no marco da promoción do libro (feiras internacionais), como da lectura (cooperación con Europa e con Iberoamérica); pero sobre todo no ámbito da Promoción das Letras Españolas (actividades no exterior de autores e subvencións á tradución).

No eido internacional, a Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas:

  • Apoia a presenza de autores españois en feiras internacionais, universidades estranxeiras, asociacións de hispanistas, e en centros do Instituto Cervantes.
  • Concede subvencións para a tradución e edición de obras de autores españois, xa sexan científicas ou literarias, a calquera lingua estranxeira.
  • Mantén o Portal do Hispanismo (en colaboración co Instituto Cervantes), que permite acceder a información de actualidade sobre os estudos hispánicos no mundo, con tres grandes bases de datos do hispanismo: hispanistas, departamentos de español e asociacións.
  • Apoia a promoción exterior do Sector do Libro español a través de subvencións e da presenza (directa ou indirecta) en Feiras Internacionais do Libro.
  • Colabora co Centro Rexional para o Fomento do Libro en América Latina e no Caribe (CERLALC).
  • Mantén a titularidade da Axencia Española do ISBN, que dende o 23 de decembro de 2010 é xestionada pola Federación de Gremios de Editores de España, desenvolvendo as directrices da Axencia Internacional do ISBN.
Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar