Dereitos da Propiedade Intelectual

Dereitos

Polo que respecta aos dereitos que conforman a propiedade intelectual distínguense os dereitos morais e os dereitos patrimoniais:

  • Dereitos morais:Salto de líneaFronte aos sistemas de corte anglosaxón, a lexislación española é claramente defensora dos dereitos morais, recoñecidos para os autores e para os artistas intérpretes ou executantes. Estes dereitos son irrenunciables e inalienables, acompañan o autor ou o artista intérprete ou executante durante toda a súa vida e os seus herdeiros ou causahabentes tralo falecemento daqueles. Entre eles destaca o dereito ao recoñecemento da condición de autor da obra ou do recoñecemento do nome do artista sobre as súas interpretacións ou execucións, e o de esixir o respecto á integridade da obra ou actuación e a non alteración das mesmas.
  • Dereitos de carácter patrimonial:Salto de líneaHai que distinguir entre:Salto de línea
    • Dereitos relacionados coa explotación da obra ou prestación protexida, que á súa vez se subdividen en dereitos exclusivos e en dereitos de remuneración:Salto de línea
      • Os dereitos exclusivos son aqueles que permiten ao seu titular autorizar ou prohibir os actos de explotación da súa obra ou prestación protexida polo usuario, e esixir deste unha retribución a cambio da autorización que lle conceda.
      • Os dereitos de remuneración, a diferenza dos dereitos exclusivos, non facultan o seu titular a autorizar ou prohibir os actos de explotación da súa obra ou prestación protexida polo usuario, aínda que si obrigan a este ao pagamento dunha cantidade diñeiraria polos actos de explotación que realice. Esta cantidade é determinada, ben pola lei ou no seu defecto polas tarifas xerais das entidades de xestión.
    • Dereitos compensatorios, como o dereito por copia privada que compensa os dereitos de propiedade intelectual deixados de percibir por razón das reproducións das obras ou prestacións protexidas para uso exclusivamente privado do copista.
Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar